Ola son Ángel Enrique😉, e vouvos falar sobre as miñas lembranzas.
Cantas cousas boas recordo neste colexio(pero direi algunhas).
Cando cheguei a infantil con 5 anos, recordo cando a profesora Rosa nos dixo que fixeramos un castro pequeno na casa. Foi divertidísimo!
O seguinte foi cando estaba en 2º de primaria. Recordo que estaba na clase da profesora Ana. Toda a clase tivo que parecer como as persoas das noticias. A min tocoume falar sobre o deporte.
O último que vou falar é en 5º de primaria cando quixen repetir, me foi de marabilla!
Quero dicir que me vai resultar difícil deixar o colexio Rocío porque o vou a botar moito de menos.
Este é o video que máis me gustou en todos os cursos neste colexio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario